Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.024

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOMEGA

VIII Premio Nóvoa Santos.

Presentación.

1. A Asociación de Médicos Galegos, Asomega, organiza o Premio Nóvoa Santos, convocando a súa VIII edición.

2. Colabora con Asomega nesta convocatoria Caixanova.

Bases do premio.

1. Poderán tomar parte neste premio persoas relevantes galegas, ou directamente vinculadas a Galicia, da medicina-sanidade, o labor profesional ou científico dos cales foi de repercusión nacional ou internacional e especificamente de proxección cara a Galicia.

2. As propostas dos candidatos deberán ser realizadas por universidades, reais academias, colexios profesionais de medicina, farmacia ou veterinaria, sociedades científicas, hospitais, fundacións, etc., ou un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.

3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Un resumo do curriculum vitae do candidato nun máximo de 10 follas (15 copias).

b) Unha memoria aducindo os méritos do candidato nun máximo de 5 follas (15 copias).

4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar unha conferencia do tema médico-sanitario, que considere foi motivo do Premio Nóvoa Santos.

5. Non poderán concorre-los membros de xunta directiva de Asomega.

6. As solicitudes e documentación, cun prazo límite de presentación que rematará o día 15 de setembro de 2003, serán dirixidas ó secretario de Asomega, r/ Santa Cruz de Marcenado, 10, 1º D, 28015 Madrid. Teléfono 91 445 28 81, fax 91 445 28 38.

Premio.

1. O Premio Nóvoa Santos outórgao un xurado constituído pola xunta directiva de Asomega. Para tal fin, terá lugar unha reunión da xunta directiva, e a súa decisión, ante a que non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 6.000 euros, diploma e medalla conmemorativa do Premio Nóvoa Santos. O premio é indivisible.

3. No mes de novembro do mesmo ano, a xunta directiva de Asomega faralle entrega do Premio Nóvoa Santos ó galardoado.