Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto, dunha subministración de pescantes de gravidade e rescate.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 176. Referencia: 2003-12-551.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración e montaxe de pescantes de gravidade para bote salvavidas, pescante para bote de rescate non rápido, bote salvavidas, bote de rescate non rápido e conxuntos de accionamento.

b) Número de unidades necesarias: segundo o prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non hai división por lotes.

d) Lugar de entrega: segundo a folla de especificacións.

e) Prazo de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento corenta e un mil euros (141.000,00 euros).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os indicados na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

No caso de envia-la proposición por correo, deberá xustificarse a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telegrama ou télex no mesmo día.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 11.00.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2795.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro