Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/71-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. Valle Inclán-Centro de Saúde.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña soterrada a 20 kV de 90 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. ó C.T. Capitán Cortés-1 e remata na L.M.T.S. Capitán Cortés-2 despois de subministrar ó centro de entrega de enerxía para o C.T. centro de saúde na r/ Valle Inclán (expediente 2003/55).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de xuño de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense