Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación de contratos de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización de labores de secretaría transnacional e coordinación do proxecto europeo IDEA-STCC, con cargo ós fondos FEDER do programa INTERREG-III-B.

b) Lugar de execución: comarca de Ferrol.

c) Prazo de execución ou data límite de entre (meses): 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 92.977,26 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios da comarca de Ferrol.

b) Domicilio: praza de Armas, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol, 15402.

d) Teléfono: 981 94 40 00.

e) Telefax: 981 94 40 18.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupos, subgrupos e categoría: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a que deriva do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 16 días despois do último anuncio no DOG ou BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: mancomunidade de municipios da comarca de Ferrol.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: 5º día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

b) Hora: 12.00 horas.

c) Lugar: Concello de Ferrol.

10. Outras informacións: toda a documentación poderá ser solicitada na secretaría da mancomunidade.

11. Gastos de anuncio: correrán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 16 de xuño de 2003.

O presidente da mancomunidade

Rubricado