Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de xuño de 2003, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Iria Flavia Innovaciones Prospectivas, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Vigo, r/ Areal nº 62, local 3) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

En Vigo, 20 de xuño de 2003.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

ANEXO

Debedor: Iria Flavia Innovaciones Prospectivas S.A.

NIF: A-36697951.

Data dilixencia: 12-6-2003.

Descrición: providencia de poxa.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA