Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/407-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., praza da Constitución.

Situación: concello de Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 121 m de lonxitude, con orixe en VLG804-Sanxenxo, entre os CC.TT. Cesteiros (36CCU7) e Riasol (36CD76) e remate no mesmo punto, unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 250 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado nas proximidades da praza da Constitución de Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra