Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S. avda. Outeiro-C.T. edf. Altavista.
Situación: concello de Poio.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 200 m de lonxitude, con orixe no C.T. Outeiro (36CHP7) e remate na L.M.T. VLG804-Sanxenxo 4, unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 250 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, no edf. Altavista, avda. Outeiro, no concello de Poio.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 18 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra