Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Campo Alegre.
Situación: concello de Cangas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 139 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Porto (CAG8010055) e remate no C.T. que se proxecta, de 400 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, en Campo Alegre, no concello de Cangas. R.B.T subterránea con conductor tipo R.V., de 132 m de lonxitude con orixe no C.T. proxectado Campo Alegre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 18 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra