Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/55-2, 6063 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribeira-Broza.

Situación: O Saviñao.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con orixe no apoio metálico derivación a C.T. Aiaz e derivación a C.T. Agroxoi e final no C.T. Broza, cunha lonxitude de 765 m.

C.T. intemperie cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. cunha lonxitude de 1.845 m con orixe no C.T. de Broza, conductor R.Z. e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo