Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2003 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro de organismos, entes e sociedades públicas autonómicas, subvencións e axudas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro de organismos, entes e sociedades públicas autonómicas, subvencións e axudas.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición: realización de revisións de control financeiro de acordo co seguinte detalle:

Concurso nº 1: control de organismos, entes e sociedades públicas autonómicas, subvencións financiadas con fondos propios e auditorías de procedementos.

LOTEDESCRICIÓNORZAMENTO

LOTE

Nº 1AUDITORÍA DE PROCEDEMENTOS DE XESTORES DO P.O.I. FEDER21.100 A

Nº 2AUDITORÍA DE PROCEDEMENTOS DE XESTORES DO P.O.I. FEOGA-O E FSE 25.300 A

Nº 3AUDITORÍA DE PROCEDEMENTOS DE XESTORES DE P.O. PLURIRREXIONAIS16.900 A

Nº 4SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO FINANCIADAS CON FONDOS PROPIOS32.650 A

Nº 5SUBVENCIÓNS A ENTIDADES CON ÁNIMO DE LUCRO FINANCIADAS CON FONDOS PROPIOS28.600 A

Nº 6ORGANISMOS AUTÓNOMOS E ENTES PÚBLICOS25.200 A

Nº 7FUNDACIÓNS PÚBLICAS HOSPITALARIAS E SOCIEDADES MERCANTÍS CON ACTIVIDADE ASISTENCIAL21.650 A

Nº 8EMPRESAS PÚBLICAS E PARTICIPADAS25.250 A

TOTAL ORZAMENTO CONCURSO Nº 1196.650 A

Concurso nº 2: controis de programas operativos plurirrexionais.

LOTEDESCRICIÓNORZAMENTO

LOTE

Nº 1MEDIDA 7.3: PLANS DE MELLORA30.050 A

Nº 2MEDIDA 7.4: PRIMEIRA INSTALACIÓN DE XOVES AGRICULTORES42.500 A

Nº 3MEDIDA 42.6: OFRECER ÓS DESEMPREGADOS POSIBILIDADES DE INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL28.200 A

Nº 4MEDIDA 10.8: FAVORECE-LA XERACIÓN DE NOVA ACTIVIDADE QUE PERMITA A CREACIÓN DE EMPREGO.

MEDIDA 42.7: COMBATE-LO PARO PROLONGADO MEDIANTE ACCIÓNS DE REINSERCIÓN LABORAL DOS DESEMPREGADOS.

MEDIDA 42.8: OFRECER VÍAS DE INSERCIÓN PROFESIONAL ÓS MOZOS.

MEDIDA 50.6: APOIA-LAS INICIATIVAS LOCAIS QUE CONTRIBÚAN Á XERACIÓN DE EMPREGO.

30.800 A

TOTAL ORZAMENTO CONCURSO Nº 2131.550 A

Concurso nº 3: control do programa operativo integrado de Galicia.

LOTEDESCRICIÓNORZAMENTO

LOTE

Nº 1P.O. FEDER37.200 A

Nº 2P.O. FEOGA-O25.200 A

Nº 3P.O. FSE 2000-200151.650 A

Nº 4P.O. FSE 200247.150 A

TOTAL ORZAMENTO CONCURSO Nº 3161.200 A

Concurso nº 4: controis subvencións fondos extramarco.

LOTEDESCRICIÓNORZAMENTO

LOTE

Nº 1CERTIFICACIÓN CONTA FEOGA-GARANTÍA80.000 A

Nº 2CONTROIS A BENEFICIARIOS FEOGA-G, LEADER E FONDO DE COHESIÓN21.900 A

TOTAL ORZAMENTO CONCURSO Nº 4101.900 A

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo de licitación é de 591.300 euros. O importe entenderase co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido para cada contrato.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación de cada contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Consellería de Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 3 de San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Teléfono: 981 54 41 79.

e) Telefax: 981 54 41 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do día 8 de setembro de 2003, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio: os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda