Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.778

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Matemáticas, a Mario Francisco Fernández (praza 01/223).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 27 de novembro de 2001 (BOE do 13 de decembro), para a provisión da praza número 01/223 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Matemáticas desta universidade, a favor de Mario Francisco Fernández, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mario Francisco Fernández, profesor titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Matemáticas desta universidade.

A Coruña, 4 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña