Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para a contratación da prestación do servicio de axuda a domicilio.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: prestación do servicio de axuda a domicilio.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de duración: 2 anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 119.064 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, negociado de contratación.

a) Domicilio: Rúa do Concello nº 12. Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite obtención documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, sábados de 9.00 a 13.00 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12.00 horas. Se fose festivo, trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12. Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: aproximadamente 490 euros.

Culleredo, 2 de xullo de 2003.

Isabel González Allegue

Tenente de alcalde de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación