Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dunha consultoría e asistencia para un servicio técnico de soporte e mantemento das aplicacións troncais de tarxeta sanitaria (S/225-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/225-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio técnico de soporte e mantemento das aplicacións troncais de tarxeta sanitaria.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: edificio administrativo do Sergas en San Lázaro, s/n.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de xuño de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: catrocentos sesenta e cinco mil cento oitenta e tres euros con trinta e sete céntimos de euro (465.183,37 A).

5. Garantía provisional: 2% do importe de licitación, que corresponde cun importe de nove mil trescentos tres euros con sesenta e sete céntimos de euro (9.303,67 A).

6. Obtención de documentación e información: Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62 (14 de agosto de 2003).

7. a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría):

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de agosto de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses, contados desde a data de apertura das ofertas económicas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: 1 de setembro de 2003 a partir das 9.00 horas A.M. na sala 2-1 da segunda planta do edificio administrativo do Sergas en San Lázaro.

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a catro mil euros (4.000 A).

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 30 de xuño de 2003.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos:www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2003.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8-2-2002)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos