Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística 2003-2004.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística 2003-2004.

Orzamento de licitación: cento dezanove mil oitocentos euros (119.800 euros), no que se inclúe todo tipo de gastos así como tódalas taxas e impostos.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de xullo do ano 2004.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se require.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación da Dirección Xeral de Turismo

da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como nas súas delegacións provinciais (servicios provinciais de Turismo).

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse nun prazo non superior a 15 días naturais contados desde o seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e con estricta suxeción ó modelo que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo (praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela), consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas consonte o artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentos que teñen que presenta-los licitadores: os determinados na cláusula 3.2.4. do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: será realizada na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación, e ás 11.00 horas do vindeiro día nove de setembro.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo