Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xuño de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado liña de alta tensión a 132 kV subestación de Boimente-subestación de Buio/tramo subestación de Boimente/apoio 13.

En cumprimento do disposto no artigo 14.5º do Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de xuño de 2003, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado liña de alta tensión 132 kV subestación Boimente-subestación Buio/tramo subestación Boimente/apoio n 13.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002, polo que se declara a incidencia supramunicipal do proxecto liña de alta tensión 132 kV subestación Boimente-subestación Buio/tramo subestación Boi

mente/apoio nº 13, o planeamento dos concellos de Viveiro e Xove queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.»

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas