Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 27 de xuño de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada á incautación do expediente sancionador (PESAN1 2002/001427-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, a resolución do recurso de alzada á incautación do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ó da publi

cación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/001427-1.

Denunciado: Manuel Carrillo Veiga.

DNI: 32415145A.

Enderezo: edif. La Granja, 11-B, polígono de Elviña, A Coruña.

Precepto infrinxido: 6.12º.

Incautación: fianza de 1.355,11 euros.

Resolución do recurso alzada á incautación: desestimado (data 6-5-2003).

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 27 de xuño de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña