Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descripción do obxecto: servicios para o deseño e difusión dunha campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade de protección dos recursos mariños.

División por lotes e número:

Prazo de execución: o adxudicatario realizará o traballo contratado cos prazos máximos parciais e final establecidos no programa de traballos incluído na proposición presentada á licitación. Se é o caso, as datas propostas polo adxudicatario para as entregas parciais e finais do traballo serán consideradas como remate dos prazos establecidos para os efectos de aplicación do disposto sobre penalidade por mora na TRLCAP.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seiscentos mil euros (600.000 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contratación.

6. Obtenciónde documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca (rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 62 93), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición: ata que caduquen por razón do seu prazo os certificados de clasificación para contratos de servicios expedidos con anterioridade á entrada en vigor do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, 1098/2001, do 12 de outubro, será necesaria a clasificación grupo III, subgrupo 3, categoría D, os certificados de clasificación exisibles, expedidos despois da entrada en vigor do dito regulamento será grupo T, subgrupo 1, categoría D8.

Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: as catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural do seguinte ó da publiciación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca ás 10.00 horas do vixésimo cuarto día natural seguinte á publicación deste anuncio.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca