Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 19 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de Xudán (A Pontenova-Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Xudán (A Pontenova-Lugo) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento das persoas titulares das explotacións, nin representando os que reclaman máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 30 de setembro de 2003. A toma de posesión é obrigatoria para tódalas persoas interesadas (e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún/a propietario/a non permita a toma de posesión dos predios de subs

titución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, as persoas interesadas poderán reclamar, ante esta delegación, sita na Ronda da Muralla, nº 70, de Lugo, acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días, contados a partir do 1 de outubro de 2003.

Así mesmo, comunícase que a posesión dos predios de substitución outórgalles as persoas que no acordo de concentración figuren como adxudicatarias, os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a persoa entregante e a adxudicataria. No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de substitución dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Trascorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó/a propietario/a do novo predio.

Lugo, 19 de xuño de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo