Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Acondicionamento da estrada PO-261. Treito: O Covelo-Maceira.

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 1.962.434 euros.

-Beirarrúas e servicios na Estrada de Castela. Treito: Río Salgueiro-Xubia. Convenio CPTOPV-Concello de Narón 3-3-2003.

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 985.885,00 euros.

-Urbanización e dotación de servicios nas rúas Calvo Sotelo, Peregrina e Ulla, convenio CPTOPV-Concello da Estrada 30-12-2002.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 763.739,94 euros.

-Beirarrúas e servicios na travesía de Tabeirós no concello da Estrada. Convenio CPTOPV-Deputación de Pontevedra-Concello da Estrada 30-12-2002.

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Orzamento: 346.020,14 euros.

-Mellora da seguridade vial na PO-264. Travesía de Arcade. Soutomaior.

Adxudicatario: UTE Vías y Construcciones S.A.-Seixo S.L.

Orzamento: 517.059,60 euros.

-Mellora da seguridade de vial na estrada C-550. Treito: Meaño-A Revolta. Convenio CPTOPV-Concello de Sanxenxo 4-9-2002.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 1.358.616,66 euros.

-Mellora da seguridade de vial na estrada C-550. Treito: Sanxenxo-A Granxa. Convenio CPTOPV-Concello de Sanxenxo 4-9-2002.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 1.058.171,37 euros.

-Mellora da seguridade de vial na PO-300 Nogueira-Cambados. Travesía de Pontearnelas p.k. 5+280 ó 6+173.

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 666.390,00 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertindo que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda