Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.675

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 10 de xullo de 2003 pola que se modifica o artigo 5 da Orde do 8 de xaneiro de 2003, pola que se establecen subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social.

A Orde do 8 de xaneiro de 2003, pola que se convocan subvencións para investimento, mante-

mento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social (Diario Oficial de Galicia nº 13, do 21 de xaneiro), establece no seu artigo 5 o importe da contía máxima destas por importe dun millón cento sesenta mil douscentos corenta e cinco euros (1.160.245 A) con cargo ás seguintes aplicacións: 16.03.212D.480.0 con novecentos vinte dous mil cincocentos sesenta e dous euros (922.562 A), 16.03.212D.482.2 con cincuenta e sete mil trescentos setenta e nove euros (57.379 A) e 16.03.212D.780.1 con cento oitenta mil trescentos catro euros (180.304 A).

Existindo outras dotacións dispoñibles para os mesmos fins, cómpre amplia-lo importe da referida contía máxima coa finalidade de estender ó maior número de beneficiarios posible as devanditas subvencións.

Por todo o exposto e no uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 212/2003, do 3 de abril,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplia-lo importe da contía máxima da Orde do 8 de xaneiro de 2003, pola que se convocan subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social na contía de cento vintedous mil cento setenta e un euros con noventa e sete céntimos (122.171,97 A) con cargo ás seguintes aplicacións: noventa e seis mil cento sesenta e un euros con noventa e cinco céntimos (96.161,95 A) con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.212D.485.0 e vinteseis mil dez euros con dous céntimos (26.010,02 A) con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.212D.480.0, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003. Estas contías poderán incrementarse con transferencias finalistas do estado procedentes de subvencións a programas sociais con comunidades autónomas (proxectos de intervención social integral para a erradicación da pobreza), concedidas por

acordo do Consello de Ministros publicado mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Traballo (BOE nº 115, do 14-5-2003), por importe de cento vintenove mil douscentos trinta e nove euros con corenta e cinco céntimos (129.239,45 A), unha vez xerado o crédito correspondente na aplicación 16.03.212D.480.0.

Segundo.-A presente modificación non afecta ó prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais