Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.674

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 11 de xuño de 2003 pola que se modifica a oferta de ciclos formativos en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no DOG número 120, do 23 de xuño, cómpre efectua-la oportuna corrección.

1. Na páxina 8.219, no anexo III, na fila correspondente ó concello de Ferrol, no IES Marqués de Suances e no CM mecanizado, na columna de módulos, debe engadirse: «Formación en centros de traballo».

2. Engadir no anexo III a seguinte fila:

Concello: Castro de Rei.

Código: 27015891.

Centro: IES da Terra Chá, José Trapero Pardo.

Código: ZM13001.

Ciclo: elaboración de productos lácteos.

Módulos:

Hixiene e seguridade na industria alimentaria.

Operacións de proceso de leites de consumo e xelados.

Queixería e manteiguería.

3. Na páxina 8.220, no anexo IV, na fila correspondente ó concello da Illa de Arousa, no Instituto Galego de Formación en Acuicultura e no CM Operacións de cultivo acuícola, onde di: «Instalacións e equipos de cultivo, Técnicas de cultivo de crustáceos, Relacións no equipo de traballo, Formación en centros de traballo, Parámetros e condicións de cultivo, Técnicas de cultivos auxiliares», debe dicir: «Instalacións e equipos de cultivo, Técnicas de cultivo de crustáceos, Relacións no equipo de traballo».

4. Na páxina 8.218, no anexo I, na fila correspondente ó IES Porta da Auga de Ribadeo, na columna de ciclo, onde di: «Acabamentos de construcción», debe dicir: «Acabados de construcción».