Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía-Presidencia deste concello, con data do 1 de xullo de 2003, acórdase aprobar inicialmente o estudio de detalle referido á unidade de execución integral UEI-16 sita na Rúa do Rollo e Pintor Seijo Rubio, tramitada por instancia de Construcciones Ecológicas Gallegas, S.L. En cumprimento do artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente queda exposto ó público no servicio de urbanismo deste concello durante o prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de cumpri-lo trámite esixido no citado artigo.

Betanzos, 4 de xullo de 2003.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde