Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 11 de xuño de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, polo que se fai público o sometemento ó trámite de audiencia respecto da solicitude de cambio de titularidade do predio número 96 do expediente de expropiación para as obras de clave N/LC/83.3, termo municipal de Santiago de Compostela (titular actual: herdeiros de Plácido Castedo).

No ano 1984, con motivo das obras N/LC/83.4 de pontes e accesos sobre os ríos de Pego, Moaves e San Xoán. C-543 de Santiago de Compostela a Noia, expropiouse a parcela nº 96, cunha superficie de 163 m. Na acta previa á ocupación figuraba como titular da parcela herdeiros de Plácido Castedo. Ó acto do levantamento das actas previas á ocupación non compareceu ningún herdeiro nin representante da propiedade.

Rosa Inés Lacunse reclama agora a titularidade e o pagamento do prezo xusto do predio expropiado, na súa calidade de herdeira de Plácido Castelo Losada. En apoio da súa solicitude achega copia das operacións particionais da herdanza de Plácido Cas

telo Losada e escrito asinado por 7 herdeiros máis no que manifestan que o predio en cuestión é propiedade de Rosa Inés Lacunse.

Polo presente edicto e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de efectua-lo trámite de audiencia recollido no artigo 84 da dita Lei 30/1992, cítanse os restantes herdeiros de Plácido Castelo (ou Castedo), e en concreto a Francisco Castelo Casal, Rosa Castelo e Antonio Castelo, dos que se descoñece o seu domicilio, e a cantas persoas poida afecta-lo cambio de titularidade da referida parcela nº 096, para que no prazo de 10 días, a partir da publicación do presente edicto comparezan no servicio de estradas (Delegación da CPTOPV, Praza de Luis Seoane s/n, 8º, 15071 A Coruña), para manifestaren a súa conformidade ou disconformidade coa solicitude de Rosa Inés Lacunse e presentar cantas alegacións crean oportunas.

A Coruña, 11 de junio de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio Provincial de Estradas da Coruña