Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.626

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (722/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 722/2002, seguidos por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra Larunplast, S.A. sobre outros extremos, nos que recaeu sentencia en data 13 de maio, que copiada nos particulares di así:

Que, estimando a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, declaro á empresa Larunplast, S.A. responsable directa e única do aboamento dos gastos derivados do accidente de traballo sufrido polo traballador Gorka Otaño Goñi, condenando a reintegrar á mutua actora a cantidade de 4.473 euros sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, se é o caso, puidera recaer no INSS e na TGSS, como xestores do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social,

no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Larunplast, S.A., expido e asino a presente cédula na Coruña, 19 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado