Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-462).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria con data do 20 maio de 2003 acordou aprobar definitivamente e a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á consellería, do Plan especial de protección e de reforma interior do Pazo de Abella, no Campamento-Inás.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo

de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interponer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén poderá interpoñer o recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 9 de xuño de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa en funcións