Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión do un de xullo deste ano, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras dun edificio para gardería infantil na vila de Castro de Riberas de Lea.

O citado prego estará exposto ó público oito días, contados desde a inserción deste anuncio no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinado nas oficinas municipais e, se é o caso, presenta-las reclamacións que se consideren pertinentes.

Ó mesmo tempo o concello anuncia a licitación do devandito contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas ata a súa resolución:

-Obxecto do contrato: construcción dun edificio para gardería infantil.

-Lugar de execución: terreos municipais da vila de Castro de Riberas de Lea, concello de Castro de Rei (Lugo).

-Prazo de execución: 30 meses.

-Orzamento de licitación: 406.522,19 A, IVE incluído.

-Tramitación: procedemento: aberto. Forma: concurso.

-Clasificación esixida: grupo C. Subgrupos 2 a 9. Categoría c).

-Garantías: provisional para licitar: 2% do tipo. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

-Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas particulares facilitaranse nas oficinas do Concello de Castro de Rei, na Vila de Castro de Rei, praza Maior, CP 27250 Lugo. Tlfno.: 982 31 40 34 e 982 31 41 32.

-Presentación de proposicións: vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG.

Castro de Rei, tres de xullo de dous mil tres.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde