Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e por concurso, para a limpeza e consolidación das fábricas no mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, Silleda (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: limpeza e consolidación das fábricas no mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, Silleda (Pontevedra).

c) Prazo de execución: oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento vinte mil oitocentos trinta e cinco euros con corenta e nove céntimos(120.835,49 A) IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto de obras poderán ser examinados no Servicio de Obras e Contratación (teléfono: 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9.00 ás 14.00 horas, e solicitarse no teléfono: 981 58 89 38.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2796.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados en horario de 9.00 a 14.00 horas. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ó previsto na cláusula 6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas), San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: a partir das 11.00 horas do oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo