Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/1-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Ambientales EASA, S.A.

Enderezo social: r/ J.L. Bugallal Marchesi, 20-1º esq., 15008 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV, Parque Eólico Serra de Outes-subestación Mazaricos.

Situación: Mazaricos.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre torres metálicas de celosía, prevista para dobre circuíto. Inicialmente tenderase un so circuíto, con conductor LA-280, de 9.805 metros de lonxitude, con orixe en pórtico da subestación do Parque Eólico de Serra de Outes, apoio nº 35, seguido de tramo subterráneo de 190 metros de lonxitude, con conductor R.H.Z.1 36/66 kV de 3(1x360) mm Al e final no módulo de entrada subestación de Mazaricos, acompañado en todo o recorrido por cable OPGW 16F de 16 pares para cable de terra e telecomunicacións, discorrendo polo concello de Mazaricos.

A instalación eléctrica foi autorizada pola resolución da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Courña do 1 de abril de 2003.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, contado a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 2 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña