Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física, a Francisco Javier Díez Redondo.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/175 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física desta universidade, a favor de Francisco Javier Díez Redondo, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o punto 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier Díez Redondo, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física desta universidade.

A Coruña, 26 de xuño de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña