Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xuño de 2003 pola que se lle autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións ó centro privado de educación especial San Francisco de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado polo centro privado de educación especial San Francisco de Vigo (Pontevedra), no que se solicita autorización para o cambio de domicilio por traslado de instalacións.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que desenvolve o devandito decreto.

Considerando que se cumpriron neste expediente os requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle ó centro privado de educación especial San Francisco de Vigo (Pontevedra), o cambio de domicilio por traslado de instalacións á avda. de Europa nº 94, Samil (Vigo).

Segundo.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Datos do centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: avda. de Europa nº 94, Samil.

Código do centro: 36015275.

Denominación: centro privado de educación especial San Francisco.

Titular: Asociación Provincial de Educación y Trabajo Especial San Francisco.

Ensinanzas autorizadas: 3 unidades de educación especial (Psíquicos).