Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área Ferrol, pola que se anuncia, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, concurso público 4/2003 de servicio de recollida e transporte de mostras clínicas, probas diagnósticas e documentación dos centros dependentes desta xerencia.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria A Coruña-Ferrol (área de Ferrol)

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Subministracións.

c) Número de expediente: CP 4/03.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de recollida e transporte de mostras clínicas, probas diagnósticas e documentación dos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol)

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: nos distintos centros da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol). Ver prego.

d) Prazo de execución: dous anos (24 mensualidades), desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 90.000,00 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Departamento de Subministracións.

b) Enderezo: polígono industrial da Gándara, parcela 35.

c) Localidade e código postal: 15407 Ferrol.

d) Teléfono: 981 32 13 12/32 14 77.

e) Telefax: 981 32 79 44.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista. Ver prego de cláusulas administrativas.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver anexo II do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Xerencia de Atención Primaria Coruña-Ferrol (área Ferrol).

1. Entidade: rexistro xeral.

2. Enderezo: praza de España 19-20, 5ª planta.

3. Localidade e código postal: 15403 Ferrol.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xerencia de Atención Primaria A Coruña-Ferrol.

b) Enderezo: Paseo Xeneral Sir John Moore 2.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos. www.sergas.es

Ferrol, 12 de xuño de 2003.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol