1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de tratamentos silvícolas de 211,20 ha no monte Torcuato e outros, petencentes ó distrito forestal do Carballiño (Ourense).
2.2. Prazo de execución: dez meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cento noventa e seis mil seiscentos sete euros con cincuenta e cinco céntimos (196.607,55 euros).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: 3.932,15 euros.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: 7.864,30 euros.
7. Clasificación.
Grupo K, subgrupo 6, categoría C.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet:
www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2816
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a seguir se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 4 que se publican nesta mesma data, de obras de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas nos montes: Campobecerros (Ourense); Lume e Braxe (Cedeira); Torcuato e outros (distrito forestal do Carballiño) e Larouco e tres máis (distrito forestal da Limia), a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.
10. Apertura da documentación xeral (sobres A): realizarase no lugar antes indicado, ás 13.00 horas
do sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Apertura das ofertas: ás 12.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2003.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente