Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 28 de maio de 2003 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea J.A.R. III e JAR V.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisións das bateas J.A.R. III e JAR V e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 19-6-2002, María Isabel Bernárdez Rodríguez solicitou autorización para a transmisión da concesión das bateas J.A.R. III e JAR V.

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Mª Isabel Rodríguez Fernández (10529900-V) Fernando Bernárdez Rodríguez (10851726-G), Mª Isabel Bernárdez Rodríguez (10851725-A), Pablo Bernárdez Rodríguez (10851727-M), Teresa Fernández González (11266866-V), Marta Herminia Bernárdez Fernández (71853967), Mª Teresa Bernárdez Fernández (36018464-G), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.A.R. III.

Localización:

Cuadrícula nº: 8.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Título habilitante: .

Orde de outorgamento: 14-5-1975.

Remate da vixencia: 20-7-2004.

Actuais titulares: Teresa Fernández González (11266866-V), Fernando Bernárdez Fernández (35959370) (falecido), Marta Herminia Bernárdez Fernández (71853967), Mª Teresa Bernárdez Fernández (36018464-G).

Novos titulares: Mª Isabel Rodríguez Fernández (10529900-V), Fernando Bernárdez Rodríguez (10851726-G), Mª Isabel Bernárdez Rodríguez (10851725-A), Pablo Bernárdez Rodríguez (10851727-M), Teresa Fernández González (11266866-V), Marta Herminia Bernárdez Fernández (71853967), Mª Teresa Bernárdez Fernández (36018464-G).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.A.R. V.

Localización:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Título habilitante: .

Orde de outorgamento: 14-5-1975 (BOE 173).

Remate da vixencia: 20-7-2004.

Actuais titulares: Teresa Fernández González (11266866-V), Fernando Bernárdez Fernández (35959370) (falecido), Marta Herminia Bernárdez Fernández (71853967), Mª Teresa Bernárdez Fernández (36018464-G).

Novos titulares: Mª Isabel Rodríguez Fernández (10529900-V), Fernando Bernárdez Rodríguez

(10851726-G), Mª Isabel Bernárdez Rodríguez (10851725-A), Pablo Bernárdez Rodríguez (10851727-M), Teresa Fernández González (11266866-V), Marta Herminia Bernárdez Fernández (71853967), Mª Teresa Bernárdez Fernández (36018464-G).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de maio de 2003.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra