Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. nº 3 urbanización Cambeses.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 15 kV con conductor tipo R.H.V., de 755 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ramón Nieto 313, alimentando en bucle ós CC.TT. números 1, 2 e 3 e remate na liña SDM 7.06, á altura do C.T. Ramón Nieto. C.T. nº 3 de 400 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, na urbanización Cambeses, avda. Ramón Nieto, no concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 3 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra