Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Rotea Couselo.
Situación: concello do Rosal.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56, de 152 m de lonxitude desde o apoio da derivación ó C.T. Galiflor ata o apoio nº 2 proxectado, onde continua a L.M.T. soterrada, de 500 m de lonxitude, con condctor tipo R.H.V, ata o C.T. proxectado de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, en Couselo, concello do Rosal. Dúas R.B.T, unha aérea e outra soterrada, de 200 e 40 m de lonxitude respectivamente.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria
e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 3 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra