Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de xuño de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de resolución de expediente sancionador pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Recreativos Rías Altas, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de resolución de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo servicio de Inspección da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación,

con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de xuño de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

-Interesado:

Recreativos Rías Altas, S.L.

NIF: B-15074628.

R/ Rúa dos Niños, 31-p 2-C, Oleiros (A Coruña).-Procedemento:

Taxa fiscal sobre o xogo. Expediente sancionador nº: 120/2002. Nº acta: 36/2002/00060-0186. Período impositivo: 2001.