Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.486

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a Antonio Fernández Álvarez (praza 81/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de novembro de 2001 (BOE do 26 de novembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, en prol de Antonio Fernández Álvarez con

documento nacional de identidade número 36077724-Q, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Fernández Álvarez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 27 de xuño de 2003.

P.D.(Resolución 24-6-2003)

Margarita Estévez Toranzo

Vicerrectora de Organización Académica

e Profesorado