Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.460

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 18 de xuño de 2003, da Delegación Especial de Galicia, de notificacións pendentes a contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións que se indican na Delegación Especial da AEAT en Galicia, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, no lugar que para cada un se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes, 10, 5ª planta. 15003 A Coruña.

Así mesmo, advírtese os interesados de que, de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Interesado: Santaz Censa, S.A.

NIF: A-36653517.

Procedemento: baixa de oficio no censo de grandes empresas.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: AEAT Galicia URGG. R/ Comandante Fontanes, 10-5º. 15003 A Coruña.

A Coruña, 18 de xuño de 2003.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefe da Dependencia Rexional de Inspección