Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 9 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de residuos relacionado no anexo e de referencia OU-007/03-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril de residuos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, e sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 9 de xuño de 2003.

Rita Sarria Hermida-Cachalvite

Instructora

Visto e prace,

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU-007/03-RE.-Denunciado: Copers Hispania S.L.-Derradeiro enderezo coñecido: rúa nº 3, polígono industrial de San Cibrao das Viñas. 32911 San Cibrao das Viñas.

-Feito denunciado: queima de residuos: plásticos, discos de radiais, palets de madeira, bidóns, filtros, mangueiras e algunha roda.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.4º c) en relación co artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril de residuos.-Sanción: 150,25 A e a obriga de repoñe-las cousas ó seu estado anterior á infracción cometida.