Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171 A, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. avda. de Rosalía de Castro, nº 67.
Situación: Ames.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, dunha lonxitude de 28 metros, orixe L.M.T.S. entre CC.TT. avda. Rosalía de Castro e edificio Fernández, entrada e saída en C.T. proxectado e final na L.M.T.S. conductor R.H.V.-12/20 kV, 3x240 mm Al.
Centro de transformación cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Ames.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de xuño de 2003.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións