Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto Os Buriñeiros da provincia de Ourense, e promovida por Benigno Álvarez Álvarez.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto Os Buriñeiros, situada en terreos do concello de Castrelo do Val, provincia de Ourense, e solicitado por Benigno Álvarez Álvarez.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación, Industria e Comercio, e

Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello de Castrelo do Val, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas