Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Roberto Fernández Núñez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de deriviación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase ó interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Construcciones Atlántico, C.B. CIF E-36742195.

Obrigado ó pagamento: Roberto Fernández Núñez. NIF 36028150-F.

Importe: 142,43 A.

Zona de recadación: Vigo