Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro de 2001, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

* Contratación dunha subministración de ordenadores persoais, impresoras e un servidor con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos e ós postos de traballo do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público, por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 17 de marzo de 2003, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 24 de marzo do ano en curso.

Adxudicatario: Archy & Siga Informática, S.L.

Importe: 114.700,00 A, IVE incluído.

* Contratación dunha asistencia técnica para a administración dos servicios telemáticos da consellería, convocada mediante concurso público, por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 10 de abril de 2003, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 14 de abril de ano en curso.

Adxudicatario: Soluziona Consultoría y Tecnología, S.L.

Importe: 225.738,90 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Intitucionais e Administración Pública