Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.376

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas, a Antonio García Lorenzo.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 27 de novembro de 2001 (BOE do 13 de decembro), para a provisión da praza número 01/231 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade, a favor de Antonio García Lorenzo, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio García Lorenzo catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade.

A Coruña, 23 de xuño de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña