Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 253/2003 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de grupo Constantino Alvar Cabido, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Admóninistración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 19 de xuño de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

NOMEDNI/NIFNº EXPTE.PRECEPTO INFRINXIDOÚLTIMO DOMICILIOPOSIBLE SANCIÓN

MAR RIBADEO CB (MANUEL COCIÑA DÍAZ, ANTONIO ADOLFO DÍAZ PÉREZ E Mª ROCÍO PERTEJO VISPO)E-27166917LU-E 235/200326-e) LO 1/1992R/PASARÓN Y LASTRA 4, RIBADEOATA 300,51 A

JOSÉ ANTONIO ALONSO PÉREZ77594125LU-E 236/200326-e) LO 1/1992PASARÓN Y LASTRA S/N, RIBADEOATA 300,51 A

NOMEDNI/NIFNº EXPTE.PRECEPTO INFRINXIDOÚLTIMO DOMICILIOPOSIBLE SANCIÓN

AMABLE CONDE GAYOSO33828067LU-E 243/200323-o) EN RELACIÓN CO 26-e) LO 1/1992RÚA DO VALIÑO 14, 3º A, LUGOATA 30,050,61 A E/OU SUSPENSIÓN DA LICENCIA DE APERTURA POLO PERÍODO DE ATA 6 MESES

BB+ CB (FRANCISCO LADO SAAVEDRA E MANUEL JESÚS FDEZ. PÉREZ)E-27139740LU-E 267/200326-e) LO 1/1992GRANXAS 22, COVAS (PUB BB+), VIVEIROATA 300,51 A