Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/172).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. estrada de Razo.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 6 metros, coa orixe no entrocamento, en torre metálica existente da L.M.T. circuíto exterior entre CC.TT. Bértoa e formación profesional e final no C.T. pé de poste (proxectado), conductor R.H.V.-12/20 KV-3x240 mm Al.

Centro de tranformación de pé de poste, cunha potencia de 250 kVA e relación de tensións 15/0,380-0,220 kV. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de xuño de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións