Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.269

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participaren no concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

Os puntos 1 e 2 da base cuarta da resolución deste centro directivo do 14 de abril de 2003 (DOG nº 81, do 28 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, prevén que, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, por esta división se dicte resolución declarando, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, de se-lo caso, así como a súa publicación.

Por todo iso, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Declarar, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 14 de abril de 2003 (DOG nº 81, do 28 de abril).

Segundo.-As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos

da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, así como na súa páxina web www.sergas.es.

Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos