Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia C2003/2).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: C2003/2.

2. Obxecto do contrato: concesión do uso privativo de parcela de dominio público municipal sita na Urbanización Valaire na Zapateira coa finalidade de construír unha escola de educación preescolar. Duración da concesión: 50 anos con carácter improrrogable.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Canon: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantía provisional: 658,04 euros.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de xullo de 2003.

Francisco José Vázquez Vázquez

Alcalde