Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/329-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: Parque, 15, 36000 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Penadauga-Escuadro.

Situación: concello de Silleda.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-30, de 25 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Graba-Escuadro ata o C.T. que se proxecta, de 100 kVA, R.T. 20 kV-220/380 V, na Penadauga, parroquia de Escuadro, no concello de Silleda. R.B.T. aérea de 80 m de lonxitude con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra