Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e da súa declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Pereira, Casanova e Guntiñas, no concello da Pobra do Brollón. (Expediente 34/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que constan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

c) Características técnicas principais:

1. Liña media tensión aérea con orixe na L.M.T. Monforte-Brollón e remate no C.T. de Casanova de 2.148 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Casanova e remate no C.T. de Frieira de 1.168 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

3. Centro de transformación aéreo de intemperie de Casanova de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/280-220 V.

4. Centro de transformación aéreo de intemperie de Frieira de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Rede de baixa tensión aérea de Casanova de 1.380 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

6. Rede de baixa tensión aérea de Frieira de 525 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

7. Rede de baixa tensión aérea de Guntiñas de 960 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio Administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 28 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/34. Provincia: Lugo.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Pereira, Casanova e Guntiñas.Concello: A Pobra do Brollón.

* L.M.T. a C.T. Casanova.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1VilarellosLabradíoRepresenta: Florencia González López

Avelino Álvarez Rodríguez

Martul de Castroncelos, 4

27331 A Pobra do Brollón, Lugo

15150

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4La CapillaPradoDavid López RodríguezEstación da Pobra do Brollón, 6

27331 A Pobra do Brollón, Lugo

3146465

5La CapillaPradoSara Reboiro PérezEstrada de Sober, 65

27400 Monforte de Lemos

3140411

6La CapillaMonte altoSara Reboiro PérezEstrada de Sober, 65

27400 Monforte de Lemos

180

7La CapillaMonte altoMª Luisa y José Vega ArmestoEstación da Pobra do Brollón, 2

27311 A Pobra do Brollón

10101

8La CapillaMonte altoJosé Montero RodríguezR/ Valle Inclán, 7-B

27400 Monforte de Lemos

4147706

9La CapillaPradoDavid López RodríguezEstación da Pobra do Brollón, 6

27331 A Pobra do Brollón

4155550

10La CapillaPradoDavid López RodríguezEstación da Pobra do Brollón, 6

27331 A Pobra do Brollón

80596

12Os MatosLabradíoElba Vázquez RodíguezEstación da Pobra do Brollón, 18

27331 A Pobra do Brollón

112

13Os MatosMonte altoRamón Fernández MacedaR/ Oviedo, 9-3º

28934 Madrid

16288

14AVilarelloMonte baixoDavid López RodríguezEstación da Pobra do Brollón, 6

27331 A Pobra do Brollón

35

15VilarelloMonte baixoSara Reboiro PérezEstrada de Sober, 65

27400 Monforte de Lemos

1201.150

17VilarelloMonte baixoJosefa Franco MarazabalR/ Marroquín, 86-6º A

28030 Madrid

6275750

18VilarelloMonte baixoMª Luisa e José Vega ArmestoEstación da Pobra do Brollón, 2

27331 A Pobra do Brollón

547

20VilarelloLabradíoElba Vázquez RodríguezEstación da Pobra do Brollón, 18

27331 A Pobra do Brollón

7264635

23VilarelloPradoElba Vázquez RodríguezEstación da Pobra do Brollón, 18

27331 A Pobra do Brollón

19223

28CarballeirasPradoRepresenta: Edesia López Rodríguez

Hrdos. José López Cortiñas

Estación da Pobra do Brollón, 9

Brence

27331 A Pobra do Brollón

31316

38BarrioPradoJosé Díaz LópezSouto, 1

27332 Brence

13243430

40FondevilaPradoJosé Díaz LópezSouto, 1

27332 Brence

15150

41FondevilaPradoManuel Vázquez RodríguezR/ Concepción Arenal, 6

27400 Monforte de Lemos

880

44FondevilaPradoJosé Díaz LópezSouto, 1

27332 Brence

140,7660

46Riba da

Casa

LabradíoDelia Dacal LópezR/ Padre Sarmiento, 28

27002 Lugo

454

47Pereira

da Porta

HortaNelida Ferreiros DacalR/ Benito Corval, 35-7º A

36205 Pontevedra

23299

* L.M.T. a C.T. Frieira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

19A ChaMonte altoManuel Vázquez Rodríguezr/ Concepción Arenal, 6

27400 Monforte de Lemos

10162

20A ChaMonte altoJosé Rodríguez de Arribar/ San Paio, 16

32001 Orense

10165

23A ChaMonte altoRamón Fernández Macedar/ Oviedo, 9-3º

28934 Mostoles

7224398

27BouzalloMonte baixoEdesia López RodríguezEstación da Pobra do Brollón, 9

27331 A Pobra do Brollón

882